Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

  

O PEQUENO FAINOS GRANDES A NOVA CAMPAÑA DA ABE

 

  • Os protagonistas son os 9 debuxos gañadores do I concurso de carteis escolares SOMOS BOIRO.
  • Dende o 9 de maio poden verse polas rúas de Boiro en diferentes soportes.
  • Os clientes dos negocios asociados poden elixir o seu cartel favorito e participar no sorteo de 3 lotes de agasallos.
  • Os 3 carteis mais votados recibirán o mesmo premio.
  • En paralelo sortearanse outros 3 packs verán entre os tíckets rexistrados entre o 9 de maio e o 16 de xuño.

Boiro 9 de maio de 2024

O pequeno fainos grandes é o lema da nova campaña da Asociación Boirense de Empresarios que dende hoxe está moi presente nas rúas da vila.

Os protagonistas da campaña son os 9 traballos gañadores do I Concurso de carteis escolares SOMOS BOIRO no que participaron os centros de ensino da localidade.

Como explicou o presidente da ABE, Daniel García, na presentación da campaña “os carteis protagonistas da campaña que estarán visibles en formato físico nos farois do pobo en forma de pancarta e nos monolitos das rúas peonís promoven as vantaxes do consumo local a través de 9 lemas que foron ideados polos alumnos”

A maiores elaboráronse dúas pancartas xigantes de 16 metros cadrados que estarán situadas na fachada da praza de abastos, en pleno centro da localidade onde aparecen os 9 carteis. 

O lema da campaña #Opequenofainosgrandes explicou García “é unha alusión aos negocios locais e a importancia que teñen no ecosistema dunha localidade e por outra a importancia de que os nenos e nenas coñezan as implicación que ten o consumo local e esta circunstancia vese perfectamente reflexada nos lemas que idearon para os seus debuxos”

A campaña física irá acompañada dunha campaña de mk dixital onde iremos coñecendo a cada un dos carteis e o seu lema correspondente.

 

NOME E APELIDOS

IDADE

COLEXIO

LEMA

FREYA CERNADAS

4

CEIP DE PAZOS - COMOXO

MERCA NA TÚA VILA

VALERIA HERMO

3

CEIP DE CESPÓN

EN BOIRO TODO SABE BEN

LÍA ALCALDE

5

CEIP ESCARABOTE

ESTA PRIMAVERA BOIRO FLORECE GRAZAS A TI

NICOLÁO PIÑEIRO

8

CEIP DE ABANQUEIRO

AXUDA A AXUDAR, FAI QUE BOIRO COBRE VIDA

DAVID SIEIRA

9

CEIP  SANTA MARÍA DO CASTRO

MERCA NO NOSO POBO E TERÁS MOITOS LOGROS

NICOLÁS SUÁREZ

9

CEIP SANTA BAIA

SER PEQUENO É GRANDE, MERCA NO TEU POBO

LÍA TARRIO

11

CEIP  PRAIA XARDÍN

A SEMENTE DO COMERCIO LOCAL… MERCA NA TÚA VILA … MERCA EN BOIRO!!!

ALDARA PEDROSA

13

IES PRAIA BARRAÑA

BUSCAS CALIDADE AO 100% VEN AGORA A BOIRO, E CORRENDO!

LEO MIGUENS

15

IES A CACHADA

SE É DE AQUÍ, É DE CALIDADE. SE É DE AQUÍ,É DE BOIRO

 

 

Complemento: votación, premios e sorteos.

 

Ademais os clientes dos negocios asociados poden elixir o seu cartel favorito accedendo á web da ABE e votando no formulario habilitado entre o 9 de maio e o 16 de xuño. Entre todos os participantes sortearanse 3 Packs Verán compostos por Esterilla XL, Neceser, Palas, Frisbie, Crema Solar, Balón, Botella e Bolsa que serán os mesmos premios que tamén se levarán os 3 carteis mais votados.

Os negocios asociados contan con carteis informativos da campaña onde aparecen os 9 carteis gañadores e un código QR para poder votar ao igual que nos monolitos colocados nas rúas peonís.

En paralelo a ABE pon en marcha un sorteo especial vinculado a campaña entre todos os tíckets de compra rexistrados entre o 9 de maio e o 16 de xuño na web da asociación entre os que sortearanse outros 3 packs verán.

A campaña conta coa financiación da Xunta de Galicia e a colaboración do concello de Boiro.

 

Vota aquí

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar